EXERCICIO AUDICITY 2



Este foi o segundo exercicio que fixemos con Audicity. Consistía en combinar distintos audios, facendo así que nos transportaramos a un ambiente determinado.

Algúns dos audios que escollín para facer este ambiente recreando un parque foron: de primeiro unha chuvia que fixese que ao acabar empezaran paxaros a cantar, despois tamén incluín sons de rapaces falando, cans e algúns coches. Para cerrar o audio fixen que empezase a chuvia de novo e que os outros sons se desvanecesen.

Os pasos para facelo foron os seguintes:
  1. Buscamos os audios que nos foran ben para o ambiente que queiramos crear. No meu caso decidín facer un ambiente dun parque.
  2. Importeinos todos a audacity.
  3. Funos axustando para que algúns empecen antes que outros ou ao mesmo tempo incluso. Iso ponse determinando de como se queira facer o ambiente.
  4. Despois de telos todos ordenados,  mofidifiqueinos con diferentes ferramentas. Unha que utilicei moito foi "efecto aparecer-desvaecer".
  5. Unha vez que fixen todos os retoques para crear un ambiente de parque, exporteinos a formato wav e xa estaría o ambiente feito !!
Para encontrar e descargar os audios, eu fun a páxina Videvo.

Comentarios